O BNG de Culleredo reclamará compensacións pola perda de valor das vivendas afectadas polo aeroporto

isófonas novo plan director aeroporto tarde
isófonas novo plan director aeroporto tarde

O BNG de Culleredo está a traballar para aclarar o estado en que quedan os inmobles ubicados dentro da isofona de 50 dB no proxecto de novo Plan Director.

Un informe dun técnico municipal indica que "os propietarios dos inmobles tamén o son dunha parte proporcional do solo, da que se poderían ver privados pola aplicación deste criterio e sen dereito algún a expropiación".

O BNG de Culleredo reclamará compensacións pola perda de valor das vivendas afectadas polo aeroporto

Desde que se publicou o anteproxecto de modificación do plan director do aeroporto de Albedro, o BNG leva traballando para aclarar o estado en que quedan os inmobles ubicados dentro da isofona de 50 dB. Esta preocupación parte do parágrafo que di explícitamente "A tales efectos, en los ámbitos incluidos dentro de las curvas isófonas Ld = 60 dB(A) - Le= 60 dB(A) - Ln= 50 dB(A) se considerarán incompatibles los nuevos usos residenciales, asistenciales, educativos o sanitarios, así como las nuevas edificaciones o las modificaciones de las existentes destinadas a dichos usos que incrementen el número de personas afectadas."

No BNG tivemos coñecemento da certificación a un particular, respecto da afectación a un inmoble na actual isófona, que lle indica que se trata dunha "vinculación singular" e que "os propietarios dos inmobles tamén o son dunha parte proporcional do solo, da que se poderían ver privados pola aplicación deste criterio e sen dereito algún a expropiación". O técnico municipal que certifica sinala que "deberíase requirir un informe expreso sobre este tema tan importante e decisivo ao Ministerio de Fomento."

O BNG iniciará as accións no próximo mandato, para conseguir que o Ministerio de Fomento aclare se os inmobles do ámbito da isofona de 50dB van perder valor, e quen vai asumilo. Nunca a veciñanza pode asumir o custo de ter o aeroporto no noso municipio.

O BNG de Culleredo reclamará compensacións pola perda de valor das vivendas afectadas polo aeroporto