EDUCACIÓN

O BNG de Culleredo propón medidas para unha volta segura ao ensino

O BNG de Culleredo propón medidas para un inicio de curso seguro.

Súmase á demanda das familias para non eliminar aulas e restituír as eliminadas en cursos pasados.

Presentará unha moción na Xunta de Voceiros deste luns para incluir no próximo Pleno.

O BNG de Culleredo propón medidas para unha volta segura ao ensino

A Consellería de Educación decidiu eliminar unha aula do colexio Sofía Casanova ao quedar con un alumnado de 24 cando o ratio é de 25, decisión que, se é en calquera momento rexeitable por non facer un desdobre que beneficiaría á calidade do ensino, en plena pandemia de COVID e con indicacións das autoridades sanitarias de evitar aglomeracións, converte a decisión en absolutamente absurda.

Pedirá o apoio da corporación ás familias que solicitan que o alumnado de infantil nos centros de Culleredo non supere os 20 alumnos e que se rescaten as aulas eliminadas no pasado noutros centros para acadar ese obxectivo, posto que existen aulas dispoñibles nos centros.

Acabamos de saber que en Oleiros, unha situación similar de eliminar unha aula por que a matricula para ese curso baixaba de 25 alumnos foi cancelada pola demanda da comunidade escolar. A mesma demanda consta nos rexistros da Xunta desde hai meses para que non se elimine un aula no colexio Sofia Casanova de Vilaboa. 

Non pode aceptarse que a Consellería se retracte en Oleiros da decisión de suprimir aulas para concentrar alumnos e que en Culleredo non o faga.

Tamén se solicita o financiamento por parte da Xunta dos custos do Plan extraordinario de limpeza e mantemento dos centros e apoiar as reivindicacións das ANPAS galegas para abrir un diálogo para resolver os problemas que impedirían o desenvolvemento do Plan Madruga, dos comedores e actividades escolares do curso 2020/21.

O BNG de Culleredo ven de rexistrar unha proposta para que a xunta de voceiros a inclúa na orde do día do próximo Pleno para trasladar esas demandas á Xunta de Galiza.

O BNG de Culleredo propón medidas para unha volta segura ao ensino