O BNG creará un gran parque na contorna da igrexa de Vilaboa, procurando unha nova ubicación para as festas

parque da igrexa de Vilaboa
parque da igrexa de Vilaboa
O BNG creará un gran parque na contorna da igrexa de Vilaboa, procurando unha nova ubicación para as festas

O candidato do BNG á alcaldía anunciou a búsqueda dun emprazamento alternativo para o campo da festa "que garanta un mellor desfrute das mesmas por toda a veciñanza e visitantes, e que evite a degradación da praza actual, que necesita unha reforma e a súa transformación nun verdadeiro parque público".

O BNG impulsará a rexeneración dos espazos urbanos de Culleredo, que nos últimos anos sofriron o total abandono por parte do Goberno de José Ramón Rioboo, sendo necesaria a súa recuperación para o lecer dos veciños e veciñas, en condicións de seguridade.

Tono Chouciño pon como exemplo a zona de Vilaboa, "á que reiteradamente se lle prometeu unha reforma total, a transformación da estrada principal nun boulevard cos fondos EDUSI, a cobertura dos parques infantís, e non sabemos cantas cousas máis, e todo se quedou en nada, dúas macetas e chapuzas de última hora".

O BNG creará un gran parque na contorna da igrexa de Vilaboa, procurando unha nova ubicación para as festas