MANTEMENTO ESPAZOS LECER

O BNG realiza unha limpeza das sinais do Rego das Xesteiras

Rego das Xesteiras limpeza

O candidato á alcaldía, Tono Chouciño, participou nunha limpeza das sinais indicadoras do Rego das Xesteiras, en Celas, organizada polo BNG.

O BNG impulsará a recuperación dos espazos urbanos degradados para o seu desfrute pola veciñanza.

O Paseo do Rego de Trabe ou o muíño da Fonte da Balsa poden ser recuperados cun pouco de atención e orzamento.
 

O BNG realiza unha limpeza das sinais do Rego das Xesteiras

O BNG traballará, dende o Goberno Municipal de Culleredo, na recuperación dos espazos urbanos degradados, permitindo o seu desfrute pola veciñanza e polas persoas que nos visitan, e na creación de novos espazos para o lecer, que melloren a cualidade de vida nos entornos urbanos.

O candidato nacionalista á alcaldía, Tono Chouciño, que onte participou na limpeza das sinais indicadoras do Rego das Xesteiras, en Celas, indicou que "hai un claro abandono dos espazos públicos, que é facilmente revertíbel cun pouco de vontade dende o Goberno Municipal, cunhas poucas ganas de facer cousas e de non ir sempre a remolque, e nós temos vontade diso e de moito máis".

Tono Chouciño pon como exemplo dese abandono actual a situación do paseo do Rego de Trabe e o muíño da Fonte da Balsa, "que cun pouco de atención e orzamento poden ser de novo recuperados para o lecer dos veciños e veciñas en condicións de seguridade".

 

 

 

O BNG realiza unha limpeza das sinais do Rego das Xesteiras