O BNG impulsa a asunción de responsabilidades polas actuacións arbitrarias do Goberno Municipal
- Catro sentencias xudiciais, dúas delas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, ratifican os informes negativos ao procedemento sancionador contra o xefe dos servizos de Obras e Urbanismo.
- Da actuación do Goberno municipal pode deducirse que a tramitación dos expedientes en Culleredo se rexe pola discrecionalidade dos responsábeis municipais, sen atender aos principios rectores da actuación da Administración.