retraso
Novas

Inquietude polo retraso na convocatoria das subvencións anuais ás asociacións

O BNG levou ao Pleno Municipal do pasado xoves o retraso na convocatoria das subvencións, despois de recibir queixas das asociacións e de que estas se repetisen nos Consellos Sectoriais da semana pasada.

Nen as persoas representantes do Goberno Local nos Consellos Sectoriais, nen o alcalde no Pleno, foron quen de explicar os motivos do retraso. Limitáronse a dicir que serían convocadas "en breve" e que estaban "en trámites", o que contribúe a aumentar a incerteza.

O retraso na convocatoria destas axudas, cando falta un mes para que remate o ano, dificulta o funcionamento normal das asociacións e a posta en marcha das súas iniciativas.

Ler novas
Vídeo
O novo colexio non abrirá para o próximo curso

O novo colexio non abrirá para o próximo curso

A concelleira de Educación, Carmen Varela, a preguntas do representante do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, anuncia e dá por boa a decisión da Consellaría de non abrir o novo Colexio de Infantil e Primaria para o próximo curso, adiándoo para o 2018/2019.

Ler novas
Novas
consúmase o retraso na construción do novo colexio

Consúmase o retraso na construción do novo Colexio

O prazo de 18 meses que establecen as bases da licitación supón, malia as negativas da Xunta e do Goberno Municipal, que o centro non estará rematado até abril de 2018, se se cumple o anuncio de comezo das obras en outubro deste ano.

Ler novas