pazo dos serrano
Novas
Mercedes Queixas e Tono Chouciño rx

O BNG leva ao Parlamento de Galiza a protección do Pazo dos Serrano fronte á especulación inmobiliaria

A Deputada Mercedes Queixas ven de rexistrar varias preguntas sobre a postura da Xunta fronte ao Plan Especial iniciado pola promotora que se contrapón á lexislación vixente de protección do patrimonio e do Camiño Inglés.

O Plan iniciado a petición da empresa constructora, contrasta coas demandas da Xunta de Galicia para a revisión do PXOM do Concello de Culleredo en trámite, nas que rexeitaba a construción nos terreos pacegos.

O BNG demanda a protección do conxunto histórico do Pazo dos Serrano, as súas construcións, xardíns e árbores senlleiras, para o seu desfrute pola veciñanza.

Ler novas
Novas
16194889_935474639916846_4462979069718390561_n

Pazo dos Serrano. Información e presentación de alegacións.

Poñemos ao dispor da veciñanza documentos con información sobre o Pazo dos Serrano e un modelo para a formulación de alegacións ao Plan de reforma interior presentado pola inmobiliaria Aliseda en colaboración do Goberno Municipal.
Ler novas