PARTICIPACIÓN E URBANISMO
Pazo dos Serrano. Información e presentación de alegacións.

Un dos piares básicos da actuación do BNG é o fomento da participación cidadá, e que a cidadanía faga parte activa no autogoberno.
Nesa liña, e tal e como se comprometeu o BNG de Culleredo, poñemos ao dispor da veciñanza documentos con información sobre o Pazo dos Serrano.
Disponibilizamos tamén un modelo para a formulación de alegacións ao Plan de reforma interior presentado pola inmobiliaria Aliseda (froito da alianza entre o Banco Santander e o fondo de inversión estadounidense Blackstone) en colaboración do Goberno Municipal.
As alegacións poden ser presentadas diante da Xunta de Galiza tanto presencialmente nos rexistros administrativos, como vía internet de dous xeitos:
- Na Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/portada), para o que é preciso un método de identificación electrónico (chave365, certificado dixital ou DNIe).
- Na páxina da Consellaría de Medioambiente, Territorio e Vivenda, onde tamén se pode consultar a documentación do proxecto presentado (https://cmatv.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto?p_p_id=aaeOpen_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeOpen_WAR_aae__spage=/portlet_action/aae/detalleProxecto?id=2512&_aaeOpen_WAR_aae_id=2512).