Disque xa tiñan pensado arranxar os semáforos do Burgo...
Disque xa tiñan todo preparado, disque non tiñamos máis que preguntar, disque non o fixemos... que foi daquela o que ocorreu no pleno do día 28? alguén o sabe?
Disque xa tiñan todo preparado, disque non tiñamos máis que preguntar, disque non o fixemos... que foi daquela o que ocorreu no pleno do día 28? alguén o sabe?
Este xoves día 1, a partir das 19.30h, terá lugar un Acto Aberto de presentación da candidatura do BNG ás eleccións ao Parlamento Galego do 25 de setembro, na Praza de Europa do Burgo, presentado por Tono Chouciño, coa partipación de María Xosé Bravo e Xosé Luís Rivas "Mini".
Celebramos onte o segundo aniversario do peche da Biblioteca Central de Culleredo, cun acto lúdico que incluíu o reparto gratuíto de libros na Praza de Europa do Burgo.
Levamos ao Pleno os continuos fallos na rede semafórica da estrada AC211, transpada dende o 16 de abril ao Concello, perante o perigo evidente que supón o seu mal funcionamente para as persoas usuarias da vía.
Solicitamos a introdución de melloras no proxecto construtivo, para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria, eliminando ou cando menos reducindo o obstáculo que supón a ponte para a cohesión urbana no núcleo do Burgo.