BIBLIOTECA MUNICIPAL

O BNG pide a reapertura da biblioteca do Burgo

Celebramos onte o segundo aniversario do peche da Biblioteca Central de Culleredo, cun acto lúdico que incluíu o reparto gratuíto de libros na Praza de Europa do Burgo.

O BNG pide a reapertura da biblioteca do Burgo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo celebrou onte o segundo aniversario do peche da Biblioteca Central de Culleredo, que leva pechada dende o inicio das obras de reforma do Edificio de Servizos Múltiples, e que continúa sen data de reapertura.

O acto incluiu o reparto gratuíto de libros na Praza de Europa do Burgo, cunha moi boa aceptación entre as persoas de todas as idades que alí estaban, entre elas pais e nais que manifestaron ter que desprazarse á Coruña para poder facer uso dun servizo público básico.

Tono Chouciño insistiu na obrigatoriedade de que os Concellos de máis de 20.000 habitantes dispoñan dunha Biblioteca Central, e a de Vila Melania, en Vilaboa, "non reune as mínimas condicións para ser considerada como tal, nunha sala de reducidas dimensións onde se escoitan as conversas das persoas que están xogando ás cartas ou participando nas actividades municipais que alí se celebran"

O BNG pide a reapertura da biblioteca do Burgo