económico
Novas
Imaxe do pleno do día 12 de decembro de 2023

O Pleno de Culleredo rexeita as emendas do BNG para a depuración de responsabilidades no recoñecemento de facturas pendentes

O BNG votou esta mañá en contra do recoñecemento extraxudicial de facturas por valor de 500.000€ proposto polo goberno ao non incluir ningunha medida para a depuración de responsabilidades.

Trátase de facturas por gastos e servicios executados en 2023, ano electoral, sen contar con crédito nin seguir o procedemento legal.

Os nacionalistas critican que só se aplique a incorporación de remanentes ao pago de facturas irregulares, deixando fóra 1.500.000€ que poderían ir destinados a outros investimentos.

Ler novas
Novas
Cobro irregular de taxas en Culleredo

O BNG de Culleredo denuncia o cobro irregular de impostos municipais nas licenzas de apertura

O BNG de Culleredo ven de presentar unha moción solicitando a modificación da Ordenanza Fiscal 17 que regula as licenzas de apertura, para axustala á legalidade.

O goberno municipal está a cobrar a través desta ordenanza taxas pola aplicación das tarifas do Imposto de Actividades Económicas (IAE) do que están exentas aquelas empresas con menos de 2 anos de actividade ou cunha cifra de negocio anual por baixo do millón de euros.

Os nacionalistas tamén reclamarán a devolución dos impostos recadados indebidamente.

Ler novas