desbroce
Novas

O BNG demanda responsabilidade do Goberno Municipal

Todos os anos o Goberno de Culleredo repite as mesmas excusas, sen que se aprecien melloras no control da limpeza dos soares nin no control das distancias ás casas de plantacións de especies que axudan a propagar o lume.

Pola súa parte AENA ten requirido ao Concello a corta de árbores na zona de afectación do aeroporto. Que se ten feito con respecto a isto? 

As autoridades deben tomarse en serio as súas responsabilidades.  

Ler novas