REVOGACIÓN CONCELLEIRO

O BNG solicita a revogación do Concelleiro de Seguridade, Medio Ambiente e Obras

No Pleno do pasado xoves o concelleiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou unha moción urxente de revogación do Concelleiro de Seguridade Cidadá, Medio Ambiente, Servizos e Obras, José Ramón Rioboo, polos continuos incumprimentos e deficiencias na xestión das súas áreas.

A gota que colmou o vaso foi o incumprimento do acordo plenario de reunirse na primeira quincena de agosto cos veciños e veciñas de Almeiras para informalles do proxecto de construción dun depósito pola Empresa Municipal de Augas da Coruña (EMALCSA), estando o dito concelleiro exercendo de alcalde en funcións, alegando que o persoal encargado estaba de vacacións. O BNG comprobou que non era así.

Na moción urxente enumerábanse algunhas das causas que motivaban a petición, como o pago de facturas prescindindo totalmente do procedemento, a falta de control nas condicións de seguridade e hixiene na execución de obras municipais, a non constitución do Consello Sectorial de Seguridade malia a vaga de asaltos a vivendas e negocios de Culleredo, consentir o incumprimento do contrato de mantemento e desbroce das estradas municipais, ou a conversión da canteira de préstamo para as obras de ampliación do aeroporto, en Sésamo, nun vertedoiro que está a ser investigado pola Xunta de Galiza e o servizo de SEPRONA da Garda Civil.

Tono Chouciño lembrou que, no caso das facturas pagadas prescindido do procedemento de contratación, o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo "reclamamos que esas facturas foran pagadas do propio peto dos membros do goberno municipal, tal e como recollen algunhas sentenzas xudiciais". "A lista dos incumprimentos que se acumulan nos ámbitos de responsabilidade do Sr. Rioboo é tan amplo, sen que a el pareza importarlle, que non nos queda máis remedio que pedir a súa revogación".
 
O BNG solicita a revogación do Concelleiro de Seguridade, Medio Ambiente e Obras