consello de contas
Novas
Consello de Contas

O BNG pide información sobre o proceso selectivo de Enxeñeira Industrial

- A persoa proposta polo Tribunal é administradora dunha das dúas empresas sinaladas polo Consello de Contas por prácticas irregulares no entorno das eleccións municipais do 2023.

- O proceso selectivo retomouse despois de ter sido declarado deserto, trala reclamación desa mesma persoa, que obrigou tamén a cambiar a composición do Tribunal selectivo.

- É preciso coñecer a totalidade do expediente para esclarecer as posíbeis friccións entre o cargo ostentado pola persoa proposta e o posto para o que se propón o seu nomeamento, á vista do que coñecemos até o momento.
Ler novas
Novas

O BNG reclama que Rioboo cumpra as indicacións do Consello de Contas no contrato de Limpeza de Edificios.

O contrato de limpeza de edificios públicos, cun valor estimado de 4.658.364,40 foi troceado en tres lotes dos que dous foron adxudicados á única empresa que se presentou.

O BNG esixiu ao goberno de José Ramón Rioboo o establecemento de medidas preventivas que eviten recaer en prácticas que o Consello de Contas denomina como "riscos no ámbido da contratación públicas".

O BNG de Culleredo dará traslado do acontecido neste proceso de contratación á Comisión Galega da Competencia, para que esta valore a existencia de prácticas que atenten contra os principios da libre concorrencia.

Ler novas
Novas

O BNG esixe responsabilidades ao Goberno Municipal por desoír as peticións do Consello de Contas

- O BNG solicita a convocatoria urxente de Comisión de Presidencia e o acceso aos expedientes mencionados no II Informe de Fiscalización do Consello de Contas.

- O Goberno Municipal de Culleredo non xustificou ter avanzado no seguimento das recomendacions que lle fixo o Consello de Contas no seu I Informe Especial de Fiscalización, de xaneiro de 2023.

- O BNG detectou durante as eleccións municipais de maio de 2023 irregularidades que incidían nos mesmos aspectos indicados polo Consello de Contas meses antes.
Ler novas
Novas

O Consello de Contas dá a razón ao BNG de Culleredo

O BNG de Culleredo denunciou perante o organismo irregularidades na contratación pública, que agora se ven refrendadas polo Consello de Contas.

O informe do organismo fiscalizador confirma a fala de control, fala de planificación e prácticas que non garanten nen a trasparencia nen a igualdade.

O organismo confirma que estas prácticas agudízanse ao achegárense as eleccións municipais, e pon nome as empresas beneficiadas.

O BNG non vai mirar cara outro lado, perante unhas prácticas que rompen coa confianza que a veciñanza deposita nas persoas que xestionan os recursos públicos.

Ler novas
Novas

Rioboo agocha 900.000€ en facturas pendentes

O Concello de Culleredo agocha 320 facturas sen contabilizar do último trimestre de 2024.

O tempo medio de pagamento aos provedores, no mesmo período, é de 197 días (6,5 veces os 30 días sinalados pola Lei).

O Goberno Municipal aínda non presentou perante o Consello de Contas a Conta Xeral de 2023, que debería ter sido presentada o 15 de outubro de 2024.

Ler novas
Novas
Consello de Contas dá a razón ao BNG de Culleredo1

O Consello de Contas dá a razón ao BNG de Culleredo

  • O BNG de Culleredo denunciou perante o organismo irregularidades na contratación pública, que agora se ven refrendadas polo Consello de Contas.

  • O informe do organismo fiscalizador confirma a fala de control, fala de planificación e prácticas que non garanten nen a trasparencia nen a igualdade.

  • O organismo confirma que estas prácticas agudízanse ao achegárense as eleccións municipais, e pon nome as empresas beneficiadas.

  • O BNG non vai mirar cara outro lado, perante unhas prácticas que rompen coa confianza que a veciñanza deposita nas persoas que xestionan os recursos públicos.

Ler novas
Novas

O BNG solicita a intervención do Consello de Contas

O BNG de Culleredo reclama que se auditen as contas do Concello de Culleredo dos anos 2020 e 2021.

Repítese, como en 2019, un abuso descarado da contratación menor en período electoral.

O Goberno de José Ramón Rioboo trata de tapar a súa incapacidade durante os últimos 4 anos cunha chuvia de obras nas últimas semanas.

Ler novas