caciquismo
Novas

Subida de soldo ao persoal de confianza a 3 meses das eleccións

O Goberno de Rioboo aproba unha nova Relación de Postos de Traballo na que se lle sube o soldo ao persoal de confianza, nomeado a dedo.

A proposta aprobada carece de informe de Intervención, que noutros intentos semellantes foi desfavorable.

Culleredo precisa dunha administración municipal independente, profesional e eficaz, e non unha maquinaria electoral ao servizo do alcalde de turno

Ler novas
Novas
20220306-WA0013 cs orro rc rdx

O Goberno de José Ramón Rioboo fai uso partidista dos locais sociais municipais

Obstaculízase o uso do Local Social de Orro á Asociación Veciñal da parroquia, restrinxíndolle datas.

Impóñenselle obrigas inéditas, como a de comunicar á Policía Local o inicio e remate das actividades.

O BNG denuncia o emprego de recursos municipais para castigar a unha asociación que reivindica melloras na parroquia, denunciando os incumprimentos, demoras como a das obras na DP-0510 ou os problemas co subministro de auga potábel.

O BNG reclama un reparto transparente do uso dos locais municipais e o cumprimento dos convenios coas asociacións.
 

Ler novas