autoestrada
Vídeo
Encontro con Néstor Rego sobre o Vial 18

Encontro con Néstor Rego sobre o Vial 18

O Deputado do BNG no Congreso dos Deputados ven de rexistrar unha iniciativa para coñecer se o Ministerio de Transición Ecolóxica recibiu a totalidade das alegacións ao anteproxecto do Vial 18 e lembrarlle o rexeitamento da veciñanza, xa que existe alternativas menos lesivas para a contorna, máis baratas e con máis servizos para os cullerdenses.
Ler novas
Novas
asolagamento novo colexio

Preguntamos polo mantemento da recollida de pluviais da autoestrada

O recente episodio de intensas choivas na comarca provocou un gran asolagamento nas inmediacións do colexio novo, con máis de medio metro de altura, que puido provir do sistema de pluviais da autoestrada.

O BNG, que xa demandou en repetidas ocasións medidas que mitiguen o impacto da AP9 en Culleredo, pide a elaboración dun informe polos técnicos municipais, á vista dos continuos asolagamentos nese punto, que poida ser posto á disposición da veciñanza para posíbeis reclamacións ao Consorcio de Seguros.

Ler novas
Novas
vial18 proxecto rexeitado

O Pleno aproba estudar as alternativas para o acceso á autoestrada AP9

A iniciativa, presentada polo BNG e aprobada de xeito unánime, demanda á Xunta e a Fomento a realización e publicación dun estudo rigoroso das alternativas para un acceso á AP9 e a súa conexión co aeroporto e a terceira rolda.

Precisamos saber as fortalezas e debilidades das distintas opcións para podermos facer a mellor escolla en termos económicos, sociais e medioambientais.

Ler novas
Novas
PXOM análise ruídos AP9

O BNG lamenta a actitude do Alcalde de Culleredo cos ruídos da AP9

Tras anos facendo oídos xordos ás demandas veciñais trasladadas polo BNG, o executivo municipal só reacciona cando a Xunta, na Avaliación Ambiental do novo PXOM, establece limitacións ao desenvolvimento construtivo de diversas áreas por superarse nelas os niveis de ruído establecidos.
 

Ler novas
Novas

Culleredo demanda a transferencia da AP9

O Pleno municipal aprobou, coa única abstención do PP, apoiar a demanda da transferencia da autoestrada AP9, que atravesa o noso Concello, xa totalmente amortizada, que xera uns ingresos diarios de 300.000 euros á concesionaria, na actualidade en proceso de venda a un fondo de inversión estranxeiro.

Ler novas