Renovación Consello Local

Renovación Consello Local

En Asemblea celebrada o pasado xoves, día catro, no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo, ratificouse, por unanimidade, a candidatura encabezada por Xabier Rioboo para o Consello Local do Bloque Nacionalista Galego de Culleredo.

O Consello Local complétase coas seguintes persoas: Xosé María Bello, Mª Xosé Castelo, Marcos Brea, Ana Belén Veloso, Luís Puente, Antón García e Raquel Jabares.

Xabier Rioboo repite, deste xeito, por segunda vez no cargo de Responsábel local, despois do seu primeiro nomeamento en febreiro do ano pasado.

Queremos trasladarvos a nosa intención de seguir a loitar tanto dende as responsabilidades institucionais como a pé de rúa para dar apoio e buscar solución aos problemas das nosas veciñas e veciños, como poden ser a destrucción de emprego, as dificultades de escolarización, a rexeneración da ría, os desafiuzamentos, ou o roubo das preferentes, entre outros que estamos a viver na actualidade.

Renovación Consello Local