Pleno do mes de outubro

O vindeiro xoves, día 25, ás 20.30 horas, terá lugar na casa do Concello en Tarrío, o pleno correspondente ao presente mes, coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación da acta da sesión de data 25 de setembro de 2012.
2.- Proposta de aprobación inicial dun expediente de transferencia de crédito.
3.- Proposta de aprobación da prestación económica na situación de incapacidade temporal.
4.- Dación de conta de convenio asinado coa Universidade da Coruña.
5.- Dación de conta de convenio de colaboración coa Deputación provincial da Coruña para o mantemento do Centro Ocupacional "A Escada".
6.- Dación de conta de convenio asinado coa Deputación provincial da Coruña sobre participación na Rede Cultural 2012.
7.- Dación de conta de convenio de cooperación coa Asociación Católica Española de Migración (ACCEM).
8.- Dación de conta de convenio de cooperación coa Asociación Galega contra as Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia).
9.- Dación de conta de convenio de coa Consellería de Medio Rural e do Mar para a realización de obras de infraestrutura rural.
10.- Dación de conta de incorporacións ao Rexistro Municipal de Subvencións.
11.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellarías delegadas.
12.- Dación de conta do seguemento da execución orzamentaria.
13.- Informe da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural "Mariñas-Betanzos".
14.- Informe sobre parque eólico Monte Xalo.
15.- Informe sobre transporte metropolitano.
16.- Informe sobre Consorcio "As Mariñas".
17.- Mocións urxentes.
18.- Rogos e preguntas.