nº 4 - Alba Pérez

nº 4 - Alba Pérez

albaAlba Pérez Barros- 28 anos. Natural da Coruña, leva 16 anos vivindo en Culleredo, na Corveira.

É licenciada en Filoloxía Clásica, tendo feito tamén o Mestrado en Formación do Profesorado de Secundaria. Na actualidade cursa un Ciclo de Grao Medio de FP en modalidade a distancia, que compaxina cun traballo a tempo parcial no sector do Comercio.

Milita en Galiza Nova dende o ano 2005 e colaborou cos Comités Abertos de Filoloxía da USC.

"Chegamos a Culleredo no mesmo ano en que o IES Eduardo Blanco Amor desenvolvía o seu primeiro curso completo. Xa daquela estaba masificado e había 6 grupos de cada curso cunha ratio de 30 alumnos por aula; 15 anos despois a situación volve ser a mesma. A previsión e o compromiso do noso Concello en materia de Educación son nulos.

Seguimos sen ter prazas nin espazos axeitados para todo alumnado nos nosos centros, as bibliotecas que temos non cubren as necesidades da cidadanía, as salas de traballo non existen e os desprazamentos á Universidade son para nós pura ciencia-ficción."

Culleredo debe mellorar a súa oferta en materia educativa e cultural, non só mediante a construción de novos centros, senón tamén actualizando os seus espazos e aumentando a súa oferta extracurricular.

 

#cambiemosCulleredo #dependedenós

nº 4 - Alba Pérez