O BNG demanda melloras na sinalización e na seguridade durante o corte da N-550

O BNG demanda melloras na sinalización e na seguridade durante o corte da N-550

Onte, despois dun ano de traballos, cortouse ao tráfico a N-550 no Portádego, en dirección A Coruña, unha das principais vías que unen o noso Concello coa Coruña, en pleno retorno das vacacións e coas familias preparando a volta a clase, nunha mostra de total falta de previsión por parte de todas as administracións implicadas.

Para agravar máis a situación, o único sinal que avisa aos conductores do que se van atopar está na Corveira, a escasos cincuenta metros do punto onde se corta o tráfico, o que acaba levando todo o tráfico ás rúas interiores de Fonteculler e As Brañas, que non están preparadas para ese volume de tráfico, e se incorporan á Avda de Fonteculler á altura dos hipermecados, xerando continuas situacións de perigo para vehículos e peóns.

Descoñecemos o contido da xuntanza de dixeron ter representantes do Concello, entre eles o Alcalde e o Concelleiro responsábel de Tráfico, con técnicos das empresas que están a levar a cabo as obras, pero as medidas tomadas para paliar a situación son, a todas luces, insuficientes.

Dende o BNG de Culleredo solicitamos que se sinalicen as rutas alternativas para entrar na Coruña dende a N-550 xa antes de entrar en Culleredo, a partir do cruce coa autovía A6, para desviar o tráfico á AC-14 (terceira ronda) e á AP-9, e tamén en Almeiras, na AC-213, e no Burgo, ante o previsíbel empeoramento da situación cando a próxima semana comecen as clases.

Solicitamos tamén se reforce a seguridade nas incorporacións dende a Rúa das Brañas e a Avenida do Portádego á Avenida de Fonteculler, para evitar ter que lamentar desgrazas persoais.

O BNG demanda melloras na sinalización e na seguridade durante o corte da N-550