DÍA DA POESÍA
Presentación do poemario "A Relixión do Mar" de Xosé Iglesias

Este xoves 23 de marzo, ás 20 horas, o BNG de Culleredo organiza a presentación do poemario “A Relixión do Mar” de Xosé Iglesias (Cee, 1974) que ven de ser galardoado co IX Premio de Poesía Victoriano Taibo. A presentación, que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, contará coa presenza de Belém Tajes, especialista na poesía e os cantos relacionados co mar e nova voz da formación musical Luar na Lubre, e a colaboración da libraría Entrecontos.
Este xoves 23 de marzo, ás 20 horas, o BNG de Culleredo organiza a presentación do poemario “A Relixión do Mar” de Xosé Iglesias (Cee, 1974) que ven de ser galardoado co IX Premio de Poesía Victoriano Taibo. A presentación terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Múltiples voces loubaron o traballo deste mariñeiro e poeta, poeta e mariñeiro, como "un auténtico tratado sobre a vida relacionada co mar". O xurado do Premio de Poesía Victoriano Taibo salientou que "desfilan por estas páxinas coñecementos que o autor aproveita hábilmente rebordando a súa intenciíon didáctica e presentando, a través de imaxes ricas e suxestivas, un proxecto de vida na que cicela a súa propia identidade".
Iglesias é Patrón de pesca de altura pola Universidade Laboral de Culleredo e capitán de pesca pola Universidade Laboral de Vigo. Traballou como patrón de costa durante varios anos e tamén como patrón de pesca no caladoiro de Rockall. Actualmente é patrón e armador do buque Primero Villar na Coruña, traballo que en moitas ocasións serve de inspiración para a súa produción literaria.
Xosé Iglesias estará acompañado por Belém Tajes, especialista na poesía e os cantos relacionados co mar. Tajes traballou en Irlanda na recolleita do cancioneiro vinculado ao mar, unha conexión entre a illa e a cultura galega. Ademais, Belém Tajes ven de ser anunciada como a nova voz da formación musical Luar na Lubre.