TRANSPARENCIA
O BNG solicita a disolución da actual Mesa de Contratación e a constitución dunha nova

A Mesa de Contratación é a encargada de valorar as ofertas, de realizar a proposta de adxudicación ao órgano de contratación e de salvagardar as formalidades legais na contratación. O Xefe de Gabinete de Alcaldía enumera, nun informe, varias irregularidades da actual Mesa de Contratación. Entre elas estaría que o Alcalde preside a Mesa de Contratación ao tempo que é o órgano de contratación, feito que acontece na maior parte dos contratos.
O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, solicitou no último pleno a disolución da actual Mesa de Contratación e o inicio do procedemento para nomear unha nova, ante o informe do Xefe de Gabinete da Alcaldía, no que se relatan presuntas irregularidades na súa composición actual.
No informe o funcionario alerta de situacións nas que non se estaría a cumprir o réxime de incompatibilidades, entre elas aquelas nas que o Alcalde, que preside a Mesa de Contratación, é ao mesmo tempo órgano de contratación, o que acontece na maior parte dos contratos asinados polo Concello de Culleredo.
A Mesa de Contratación é o órgano encargado de valorar as ofertas e de realizar a proposta de adxudicación, así como de salvagardar as formalidades legais na contratación, polo que entendemos que a súa constitución debe ser escrupulosamente respetuosa con esa legalidade que debe salvagardar e garantir.
Para Tono Chouciño é imprescindíbel corrixir a situación creando unha nova Mesa de Contratación "que conte con todos os requisitos legais, pois o que ven a dicir o Xefe de Gabinete é que o alcalde non pode ser xuíz e parte nas adxudicacións como ocorrería agora"