LIMPEZA VIARIA

O BNG pide aclaracións do contrato de limpeza viaria.

O último contrato de limpeza viaria rematou en xaneiro de 2012, sen que consten prórrogas, polo que solicitaremos informes sobre o xeito en que se pagaron as facturas posteriores esa data, sumándose así aos servizos públicos de Culleredo que se están a prestar en precario.

O BNG pide aclaracións do contrato de limpeza viaria.

O Concelleiro do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, tivo acceso, un mes despois de telo solicitado, ao expediente da limpeza viaria, podendo comprobar que finalizou en xaneiro de 2012, sen que puidera atopar prórrogas que o validen desde esa data.

Sumaríase deste xeito ao contrato de subministración de auga potábel, que tamén se está a prestar en precario, dandose a circunstancia de que neste outro caso, mesmo recauden taxas e prezos públicos.

Tono Chouciño cualificou de "inxustificada e inaceptábel" a demora para poder acceder ao expediente, e manifestou que "o Goberno Municipal debe aclarar como se está pagando dende que expirou o contrato, hai máis de 4 anos, sen que consten prórrogas".

Á vista deste feitos o BNG solicitará informes da Secretaría e da Intervención municipais sobre o xeito en que se pagaron as facturas posteriores á expiración do contrato.

O BNG pide aclaracións do contrato de limpeza viaria.