A incapacidade do goberno local imposibilita a celebración do pleno telemático, que tivo que ser adiado

Pleno telemático de febreiro de 2021
Pleno telemático de febreiro de 2021

Estreábase a nova plataforma de videoconferencia e non foi posible poñela en funcionamento.

O BNG levaba case un ano pedíndo a celebración telemática, como noutros concellos da Comarca ou en Concellos do BNG.

A incapacidade do goberno local imposibilita a celebración do pleno telemático, que tivo que ser adiado

O pleno ordinario do Concello de Culleredo non puido celebrarse debido á incapacidade dun goberno municipal coa maioría absolutísima do Sr. Rioboo para dispoñer de todos os recursos municipais sen traba algunha, como reiteradamente dicían no pasado.

Malia ser probada en reunións menos numerosas nas pasadas semanas, e terse posto todos os concelleiros e concelleiras da oposición a disposición para facer as probas necesarias, a celebración, prevista para hoxe xoves, 25 de febreiro, ás 13.30 horas, non puido levarse a cabo e no seu lugar convócase un pleno extraordinario presencial para o vindeiro luns 1 de marzo, ás 10.30 horas, tal como comuinicaron nos últimos momentos despois de terse acordado para o mércores 4, por que o alcalde “esquecera” un convenio co Concello da Coruña, para a realización dun proxecto de emprego con xente moza, que ten prazo de presentación.

O BNG de Culleredo viña demandando unha plataforma para a emisión segura dos plenos desde hai case un ano, ao fío do contexto pandémico. Non foi ata o pasado mes de xaneiro cando se aprobou a posibilidade de realización de plenos e xuntas virtuais. 

A veciñanza merece unha explicación de por que non son capaces de poñer en marcha un sistema que leva funcionando hai tempo noutros concellos, se foi probada antes e tamén unha xustificación sobre como e en que se gastan os recursos municipais.

A incapacidade do goberno local imposibilita a celebración do pleno telemático, que tivo que ser adiado