RECLAMACIÓN DO PERSOAL

O BNG de Culleredo solicita a convocatoria da Comisión de Presidencia para informar sobre a folga no servizo de limpeza

Imaxe do pleno do día 12 de decembro de 2023
Imaxe do pleno do día 12 de decembro de 2023

A folga declarouse despois de varias semanas de protestas e da entrada da empresa nun ERTE

O BNG insistiu e seguirá insistindo na urxencia de licitar todos os contratos caducados de servizos públicos

O BNG de Culleredo solicita a convocatoria da Comisión de Presidencia para informar sobre a folga no servizo de limpeza

Trala convocatoria de folga das persoas traballadoras dos servizos de limpeza no Concello de Culleredo, os interrogantes non fan máis que xurdir e continúan sen ter resposta. É por iso que o BNG de Culleredo, xunto co Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños, solicitou a convocatoria urxente e extraordinaria da Comisión de Presidencia para informar con detalle dos pasos que se teñen dado para a  licitación dos contratos.

Entre outras cuestións que precisan de aclaración, o BNG solicita tratar en Comisión  a motivación e razoamento dos servizos mínimos establecidos ou a relación de facturas presentadas pola empresa e os reparos formulados pola intervención nos últimos catro anos, entre outros puntos.

É necesario coñecer tamén o contido das xuntanzas mantidas polo Concello de Culleredo co Comité de Empresa. Tamén se solicita información sobre as denuncias presentadas por Jardincelas nos Xulgados do Contencioso-Administrativo. 

O BNG segue urxindo á licitación dos servizos municipais básicos cuxo contrato está caducado, como son a subministración de auga potábel, o de xardinaria, o de atención domiciliaria de servizos sociais, ou os da limpeza viaria ou o de limpeza de edificios, locais, colexios e instalacións municipais. Todos estes servizos sen contrato representan millóns de euros anuais que se pagan irregularmente e que derivan en servizos precarios e ineficientes, tanto na prestación do servizo como desde o punto de vista económico.

Nos últimos mandatos municipais o BNG ven incidindo na cuestión constantemente, con peticións explícitas para que o goberno local elabore os pregos correspondentes inmediatamente, mais nos últimos 6 anos como Alcalde, Rioboo non deu paso algún para dotar de legalidade a prestación destes servizos.

O BNG de Culleredo solicita a convocatoria da Comisión de Presidencia para informar sobre a folga no servizo de limpeza