Culleredo pide a suspensión de relacións co Estado de Israel

Culleredo pide a suspensión de relacións co Estado de Israel

Coa aprobación da moción presentada polo BNG, que contou co apoio dos Grupos Municipais de PSOE e APdC, o Concello de Culleredo acordou pedir a suspensión de relacións co Estado de Israel, entanto siga a executar o masacre indiscriminado contra a poboación civil da Franxa de Gaza, violando todos os códigos de Dereitos Humanos, sen sequera respectar instalacións da ONU, co bombardeo de escolas e hospitais.

Na resolución o Concello solicita a fin do bloqueo que sofre a Franxa de Gaza, o derrubamento do muro do apartheit e o cumprimento das resolucións da ONU dende 1948 sobre reparto territorial, entre elas a 194 que recoñece o dereito da poboación desprazada a retornar á súa terra.

Culleredo pide a suspensión de relacións co Estado de Israel