O BNG denuncia improvisación e desinformación no peche de Servizos Múltiples

O BNG denuncia improvisación e desinformación no peche de Servizos Múltiples

Recentemente o Concello de Culleredo pechou o edificio de Servizos Múltiples  no Burgo por mor das obras de reforma que se pretenden levar a cabo, das que aínda non comezou a tramitación da súa contratación.

No pleno deste xoves, o Goberno Municipal presentou a proposta de un aumento de orzamento de caseque 200.000 euros para estas obras, chegando o importe total ao millón de euros, sen dar xustificación da necesidade deste aumento, polo que dende o Bloque Nacionalista Galego decidimos votar en contra.

O peche deste edificio supón o peche das oficinas municipais, entre elas o recén estreado rexistro, e da Biblioteca Municipal que alí funcionaban.

A Biblioteca era a única pública do núcleo do Burgo e a máis importante do Concello polo volume dos seus fondos e onde ademais da consulta de libros, películas, acceso a internet..., viñan desenvolvéndose numerosas actividades culturais e educativas tanto para os máis cativos como para os adultos, que a día de hoxe aínda non se ten definido onde se van a realizar mentres duren as obras, nin que se vai facer para facilitar o acceso aos fondos da Biblioteca polas persoas interesadas.

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Culleredo queremos amosar a nosa incredulidade ante a improvisación crecente coa que está a funcionar o Goberno Municipal, reclamándolle maior información aos cidadáns así como que se dispoñan os medios necesarios para restituir os servizos que se viñan prestando na Biblioteca do Burgo, no rexistro e nas demais dependencias, tendo en conta que tampouco se coñece o tempo que as actuais instalacións van permanecer pechadas.

O BNG denuncia improvisación e desinformación no peche de Servizos Múltiples