O BNG denuncia falla de control municipal na execución dos contratos

O BNG denuncia falla de control municipal na execución dos contratos

O representante do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, denunciou a falla de control, por parte do Goberno Municipal, do cumplimento das obrigas contractuais por parte das empresas adxudicatarias.

Puxo como exemplo a retirada dos restos das obras que dende hai máis de 2 meses se están a desenvolver na zona da Avenida de Rutis e da Rúa Tierno Galván, onde se estiveron acumulando entullos nunha parcela lindante cos edificios, que chegou a acadar unha altura considerable, inclumplido as condicións contidas no contrato, e provoncando queixas veciñais.

Malia o evidente impacto visual e o risco para a salubridade do entorno, á porta das vivendas e locais comerciais, tan só foi tras a denuncia rexistrada polo representante nacionalista que se conseguiu do Concello que exercera a súa función de control e se procedera a limpar a zona.

Dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo reclamamos aos responsábeis do Goberno Municipal un maior rigor no exercizo das súas funcións, garantindo o benestar e seguridade dos seus veciños e veciñas.

O BNG denuncia falla de control municipal na execución dos contratos