O BNG de Culleredo presenta por rexistro as demandas veciñais

O BNG de Culleredo presenta por rexistro as demandas veciñais

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou por rexistro as demandas veciñais recollidas na xeira de Encontros Abertos que levou a cabo nas últimas semanas, con reunións practicamente en todo o Concello.

Segundo explicou Tono Chouciño, voceiro nacionalista, "trátase de pór en coñecemento, tanto do Concello como dos restantes grupos municipais e da cidadanía en xeral, as demandas que nos foron transmitidas pola veciñanza e as asociacións coas que falamos, nun proceso que debería ter sido impulsado dende o propio Concello".

O Goberno Municipal comprometérase a que un 30% da inversión dos orzamentos ía ser elaborado coas aportacións dos veciños e veciñas, "e a día de hoxe nin se constituíron os órganos de participación cidadá do Concello, nin se impulsaron, tal e como lle demandamos reiteradamente, asembleas parroquiais, como si foi quen de facer o BNG".

Tono Chouciño informou de que unha copia das demandas será exposta públicamente nos taboleiros dos distintos locais sociais do Concello e na páxina web do BNG de Culleredo (www.culleredobng.gal), para a súa consulta e facilitar que os veciños e veciñas poidan seguir expresando as súas necesidades, nun proceso aberto e contínuo.

Lembrou tamén da necesidade de dar continuidade a moitas desas demandas noutras institucións, polo que rematou demandando o voto para Nós-Candidatura Galega, como medio seguro de facer chegar as nosas demandas ao Congreso e o Senado.

O BNG de Culleredo presenta por rexistro as demandas veciñais