Asemblea Aberta en Vila Melania (Vilaboa)

24 out. 2014 - 21:53
O vindeiro luns 27, ás 19.30 h., celebraremos unha nova Asemblea Aberta do Bloque Nacionalista Galego de Culleredo no Edificio de Vila Melania, en Vilaboa.
Nela falaremos dos asuntos a tratar no pleno municipal do xoves 30, e dos problemas e necesidades do noso Concello, de cara á confección dunha alternativa plural e participativa para as próximas eleccións municipais.
Agardamos poder contar coa vosa presenza e coas vosas achegas.