Imprimir

O BNG traballa para que se imparta a ESO no rural de Culleredo

bngculleredo | 11 de maio de 2019

IES Rego de Trabe
IES Rego de Trabe

É preciso rematar coa situación de desigualdade que padecen os nenos e nenas do rural de Culleredo.

O BNG levará ao Parlamento Galego a demanda das familias, despois de ser o único partido que asistíu á última reunión que convocaron.

Culleredo precisa un Mapa escolar que racionalice o uso das instalacións existentes, e un Goberno Municipal que defenda con firmeza os intereses e dereitos dos seus veciños e veciñas

O candidato do BNG á alcaldía, Tono Chouciño, defende a necesidade dun centro de Educación Secundaria no rural, "e rematar coa situación de desigualdade que están a padecer na actualidade".

O BNG de Culleredo apoia a petición veciñal de que se imparta ESO no rural, petición que levaremos ao Parlamento Galego tal como nos comprometimos na última das reunións nas que se demandou o apoio dos grupos políticos e na que fomos o único presente.

Esta acción está enmarcada dentro da reivindicaión dun mapa escolar definido para o noso Concello que racionalice o uso das instalación existentes, tal como levamos facendo durante anos.

Para Tono Chouciño "só cun goberno municipal coas ideas claras, Culleredo poderá defender con firmeza diante da Consellería de Educación a escolarización que necesitamos e merecemos, e o goberno do BNG así o fará".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas1/bng-traballa-imparta-rural-culleredo/20190511165954001913.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego de Culleredo

Bloque Nacionalista Galego de Culleredo

Rúa do Concello s/n

15189 Culleredo

culleredo@bng.gal