TRANSPARENCIA

O BNG solicita contestación ás alegacións rexeitadas ao PXOM

Ortofoto do Concello de Culleredo, contida na documentación do proxecto de PXOM
Ortofoto do Concello de Culleredo, contida na documentación do proxecto de PXOM

A tramitación do PXOM acumula retrasos que en nengún caso  son imputábeis ás persoas que presentaron alegacións.

Os cidadáns teñen dereito a obter resposta ás peticións que formulan ante as Administracións Públicas.

O Goberno municipal escúdase en que contestar esas alegacións xeraría falsas espectativas, pero iso non ocorrería no caso das alegacións rexeitadas.

O BNG solicita contestación ás alegacións rexeitadas ao PXOM

O BNG de Culleredo solicitará, no Pleno Municipal que terá lugar este xoves en Tarrío, a contestación ás alegacións presentadas ao proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municpal e que xa contan cunha resolución desfavorábel para o alegante.

Moitas das alegacións rexeitadas son por convenios urbanísticos asinados polo anterior alcalde, que non foron trasladados ao proxecto presentado. Tono Chouciño, representante do BNG, lembra que cando tivo acceso aos convenios de trascendencia urbanística, trala intervención da Valedora do Pobo, puido comprobar como moitos deses convenios carecían dos correspondentes informes dos técnicos municipais.

Para Tono Chouciño, "os alegantes teñen dereito a coñecer o que pasou coas súas alegacións e cos convenios que no seu día asinaron coa Administración Municipal, e tampouco teñen culpa dos retrasos na tramitación do PXOM. O Goberno Municipal escúdase en que contestar as alegacións xeraría falsas expectativas, pero iso, no caso das alegacións rexeitadas, non sucedería".

O concelleiro nacionalista lamenta a falta de avances na aprobación do PXOM durante este mandato. "O PXOM é unha normativa básica para o progreso de calquera Concello. Non entendemos como o Goberno Municipal do PSOE, tanto con Sacristán como co actual alcalde, José Ramón Rioboo, foi quen de avanzar mínimamente na súa tramitación, cando en repetidas ocasións dixo que xa tiñan todos os informes pertinentes".