EDUCACIÓN

O BNG leva ao Parlamento a falta de profesionais de apoio no IES Rego de Trabe

Pregunta para a resposta oral na Comisión de Educación sobre a reposición urxente cuidadores no IES Rego de Trabe
Pregunta para resposta oral na Comisión de Educación sobre a reposición urxente cuidadores IES Rego de Trabe

O BNG dá traslado ao Parlamento das demandas das familias afectadas, logo de reunirse con elas.

O Pleno Municipal de outubro aprobou por unanimidade unha resolución en apopio ás familias e demandando a urxente solución do problema.

A Xunta debe resolver de xeito urxente un problema que ela mesma xerou e que afecta ao dereito básico que este alumnado ten de recibir unha educación de calidade, inclusiva e adaptada á diversidade.

O BNG leva ao Parlamento a falta de profesionais de apoio no IES Rego de Trabe

O BNG, a través da Deputada Mercedes Queixas, presentou varias iniciativas no Parlamento de Galiza para a recuperación urxente da dotación de persoal de atención ás necesidades educativas do IES Rego da Trabe de Culleredo.

Nas iniciativas presentadas trátanse de recoller as demandas manifestadas polas familias afectadas, despois da xuntanza que tivo lugar entre estas e os representantes do BNG, Tono Chouciño e a propia Mercedes Queixas.

A semana pasada aprobouse por unanimidade do Pleno Municipal de Culleredo, cos votos inclusive do Grupo Municipal do Partido Popular, unha resolución institucional na que se manifesta o apoio ás familias afectadas e se reclama á Consellaría de Educación a adopción de medidas urxentes que corrixan a situación, proporcionando os recursos necesarios.

Foi a propia Consellaría a que xerou un problema que deriva na segregación e exclusión dun alumnado que vé comprometido o seu dereito a recibir unha educación inclusiva, de calidade e adaptada á diversidade, e ten a obriga de resolvelo canto antes.

Dende o BNG de Culleredo agardamos que a unanimidade manifestada no Pleno Municipal se traduza nunha pronta solución e que os representantes do Partido Popular de Culleredo sexan capaces de trasladarlles aos seus compañeiros de partido esa necesidade.

 

O BNG leva ao Parlamento a falta de profesionais de apoio no IES Rego de Trabe