PROMOCIÓN HÁBITOS SAUDÁBEIS

O BNG desenvolverá unha Rede Municipal de Vías Verdes

WhatsApp Image 2019-05-17 at 17.25.24
Vía do tren en Boedo, antes da retirada dos raís

Esta Rede conectará as 11 parroquias, e servirá tanto como vía segura de comunicación a pé ou en bicicleta como para a práctica deportiva.

O proxecto inclúe as vías do ferrocarril a Meirama, que o PSOE non desenvolveu, co apoio do resto da oposición, coa excusa de que ADIF ía volver a usalas para levar carbón á central térmica, algo que se demostrou falso.

A Rede ten múltiples beneficios para a promoción da actividade física e para a posta en valor dos valores mediambientais de Culleredo entre a súa veciñanza e as persoas que nos visitan.

O BNG desenvolverá unha Rede Municipal de Vías Verdes

O BNG de Culleredo desenvolverá, dende o Goberno do Concello, unha Rede Municipal de Vías Verdes, que conecten as 11 parroquias de Culleredo. Esta rede será concebida tanto como ruta de comunicación segura a pé ou en bicicleta, como para a práctica deportiva.

Dentro deste proxecto inclúense as vías do ferrocarril a Meirama, que levan xa tempo abandonadas polo xestor ferroviario. Neste traxecto habilitaríanse espazos para a práctica da escalada.

Tono Chouciño lembra que "esta vía verde é unha demanda veciñal que ven de lonxe, pero o actual Goberno Municipal puxo como excusa para non desenvolvela que ADIF ía recuperar esa infraestrutura para levar carbón a Meirama. Co tempo demostrouse que isto era totalmente falso, como dicía o BNG, pois esa central estaba condenada a pechar ou reconvertirse ao gas, pero os demais grupos da oposición aceptaron as excusas e o proxecto non se realizou".

O candidato á alcaldía polo BNG destaca os múltiples beneficios desta Rede Municipal de Vías Verdes "como ferramenta para promover a actividade física en todos os tramos de idade, dende as persoas maiores que saen a pasear por prescripción médica, como os máis novos que gostan de ir facer uns quilómetros correndo".

Tamén axudará a pór en valor os valores medioambientais e deportivos do noso Concello, e facilitar un maior coñecemento do noso rural por parte do conxunto da veciñanza de Culleredo e das persoas que nos visitan, sendo un atractivo turístico máis.

O BNG desenvolverá unha Rede Municipal de Vías Verdes