TRANSPARENCIA

O Goberno Municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de Vilaboa

Terreos UA16 Vilaboa
Terreos UA16 Vilaboa

O Goberno Municipal ten a obriga de pór a disposición da oposición toda a documentación dende a convocatoria de Pleno.

O Alcalde asina a convocatoria a última hora do venres, e non se disponibilizan electrónicamente todos os documentos existentes.

O feito de ter de asistir presencialmente ao Concello en horario laboral para a consulta do expediente enteiro, obstaculiza o seu estudo por parte da oposición.

O Goberno Municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de Vilaboa

O vindeiro mércores celebrarase o Pleno Extraordinario sobre a situación da Unidade de Actuación 16 (UA16), en Vilaboa, que é motivo de varias causas xudiciais derivadas dos enganos sofridos polos antigos propietarios dos terreos.

Dada a grande complexidade do asunto a tratar, o volume de información é moi importante, e parte dela, contra o sinalado polo Regulamento de Ordenación Municipal (ROM), aínda non foi posto a disposición do conxunto de concelleiros e concelleiras da Corporación.

O artigo 73 do ROM sinala que "toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día [...] deberá estar a disposición dos membros da Corporación desde o mesmo día da convocatoria na Secretaría da mesma. Calquera membro da Corporación poderá, en consecuencia, examinala e mesmo obter copias".

Malia isto, a convocatoria faise a última hora do venres, sendo asinada polo Alcalde ás 14.45h., para así obstaculizar o exame da mesma durante o máximo tempo posíbel, e só se pon dixitalmente a disposición da oposición unha parte da documentación, tendo que acudir os membros da oposicion a consultar a documentación en papel ás dependencias municipais en horario de oficina e por tanto de traballo sen facilitar alternativas.

O BNG de Culleredo lamenta estes "trucos de trilero" do Sr. Rioboo, que parece non lembrar aquelas promesas súas de "restaurar a transparencia na administración municipal", e demanda a posta a disposición por medios electrónicos de toda a documentación.

 

O Goberno Municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de Vilaboa