Proliferación de verquidos incontrolados en Culleredo

Proliferación de verquidos incontrolados en Culleredo

restos de baterías na rúa Río da Cova, en VilaboaO BNG de Culleredo denuncia a proliferación de verquidos incontrolados en numerosos puntos do Concello, nas beiras de vías de titularidade municipal, principalmente na área rural, pero tamén en zonas urbanas.

Solicitamos do Concello que proceda á retirada dos restos, na maioría dos casos cascallos procedentes da construción, pneumáticos e colchóns, anque tamén se poden atopar restos de baterías de automóbil, altamente contaminantes, á beira de cauces de auga.

Solicitamos tamén un maior control dos puntos onde de forma reiterada se producen verquidos, algúns deles a carón de contedores de lixo municipal onde botan semanas e incluso meses sen ser recollidos, para evitar que se repitan.

Proliferación de verquidos incontrolados en Culleredo