Proceso aberto de elección de candidatura
No marco do proceso participativo impulsado polo BNG de cara a renovar e deseñar un programa e unha candidatura que conte coa participación máis ampla posíbel de todas as veciñas e veciños do noso Concello.
Así dende o BNG de Culleredo do 21 de novembro ao 26 de novembro abrimos un prazo para presentar propostas de persoas e candidaturas, perante o Consello Local.
Estas propostas poden partir do propio órgano ou de militantes da organización local, e serán debatidas na ASEMBLEA que celebraremos o LUNS 1 de DECEMBRO, ás 20.00 h. na Sala de Vídeo do Edificio de SERVIZOS MÚLTIPLES (O Burgo).
Tal e como vimos facendo nos últimos anos no Bloque Nacionalista Galego de Culleredo, esta asemblea estará aberta a toda a cidadanía, para que esta poida participar e axudarnos a facer a candidatura e o programa que Culleredo precisa.
As propostas poden facerse por medio do correo electrónico [email protected], telefonicamente no número 699.003.852 ou o día 26 de novembro, que estaremos de 20.00 a 21.00 h. no local do Grupo Municipal do BNG na Casa do Concello, en Tarrío.