Pleno do mes de setembro
Culleredo, 25 de setembro de 2012.- Hoxe, ás 20:30 horas, terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello, unha sesión extraordinaria do Plano Municipal, coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación da acta da sesión de data 30 de agosto de 2012.
2.- Celebración do sorteo de membros das mesas para o proceso electoral do vindeiro 21 de outubro de 2012.
3.- Proposta de aprobación da conta xeral correspondente ao exercizo 2011.
4.- Proposta de participación no Plan DTC 94 da Deputación Provincial.
5.- Proposta de modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2013.
6.- Proposta de declaración de nulidade dos actos administrativos de data 7/12/1995 e 1/09/2000 polos que se concede a Excavaciones J. Fernández S.L., autorización para a utilización e posterior acopio de materias no Monte Costa.
7.- Proposta de sinalamento das festas locais para o ano 2013.
8.- Proposta de modificación do horario de celebración da Xunta de Goberno Local.
9.- Proposta sobre complemento prestación económica nos supostos de Incapacidade Temporal.
10.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do Grupo de Goberno, para a impugnación do Real Decrego-Lei 24/2012 que legaliza a fraude das participacións preferentes.
11.- Dación en conta de Conveniio coa Secretaría Xeral da Igualdade, para a asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletradución.
12.- Dación de conta de resolucións da alcaldía e concellerías delegadas.
13.- Dación de conta do seguemento da execución orzamentaria.
14.- Rogos e preguntas.