Desorganización na Policía Municipal

Desorganización na Policía Municipal

O BNG denuncia a desorganización coa que está a traballar a policía municipal malia o aumento do número de axentes, segundo denuncian membros do propio corpo.

Na noite de San Xoán unha soa patrulla para todo o Concello

Así, a noite do San Xoán, tan só había de servizo unha patrulla da Policía Municipal e ningunha da Garda Civil, do que xa era coñecedor o goberno municipal. Pola contra, o día seguinte, festivo en Culleredo, había tres patrullas da policía municipal de servizo.

O Goberno municipal abona as horas extras en efectivo malia o reparo da Interventora

Este descontrol, unido á discrecionalidade no reparto de horas extraordinarias denunciada a semana pasada e que motivou un reparo da interventora municipal, está a causar grande malestar no seo da plantilla, polo que nos vemos na obriga de demandar dos responsábeis do servizo unha organización de acordo con criterios profesionais  e obxectivos, que garanta a seguridade dos veciños e das veciñas de Culleredo.

Desorganización na Policía Municipal