O BNG pide un estudo de viabilidade dunha estación intermodal de mercadorías
O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou unha emenda aos Orzamentos Xerais do Estado para a realización dun estudo de viabilidade dunha estación intermodal de mercadorías na zona de Orro-Uxes, onde conflúen a autovía A-6 e a liña de alta velocidade A Coruña Vigo.
A zona está nun punto central entre o novo Porto Exterior, os polígonos industriais da Coruña, Culleredo e Arteixo, o Centro Loxístico de Transporte de Ledoño, o aeroporto de Albedro e a autoestrada AP-9, polo que, en palabras de Tono Chouciño, voceiro nacionalista en Culleredo, permitiría unha comunicación áxil e o aproveitamento de sinerxias entre as distintas áreas industriais e infraestruturas de transporte, contribuíndo ao fomento da actividade económica.
A emenda foi presentada á FETRAM, asociación de profesionais do sector de transporte de mercadorías, cuxo presidente, Fernando Teijeiro, manifestou a súa eprobación o seu interese pola proposta.