Tarrío
Novas

O BNG demanda explicacións urxentes pola situación do pavillón de Tarrío e a falta de pago das subvencións ás asociacións

É preciso coñecer os verdadeiros motivos polos que as asociacións non cobran as subvencións pendentes de pago.

O pavillón de Tarrío segue esperando pola súa reforma, após un intento fallido en 2021, mentras a súa degradación avanza a pasos de xigante.

As demoras interminábeis do Goberno Municipal poñen en risco tanto aos clubes como ás persoas usuarias das instalacións.

Ler novas
Novas
IMG_20260124_103756 PAVILLÓN TARRÍO RDX RC

Moción do BNG para posibilitar novas instalacións deportivas en Tarrío

A moción rexistrada pide iniciar o expediente para ordenar a contorna das instalacións deportivas e dotalas dun espazo multiusos destinado principalmente a ximnasio.

Nen as actuais instalacións, ao límite das súas capacidades, nen o proxecto de reforma do Pavillón contemplan este espazo.

A creación dunha sala multiusos é unha demanda dos clubes que lles permitiría mellorar os adestramentos e reducir a saturación dos espazos actuais.

Ler novas
Novas
pavillón tarrío fachada rc rdx 202601172

O BNG URXE COMEZAR OS TRÁMITES DE REFORMA DO PAVILLÓN DE TARRÍO

As competicións rematan en 5 meses e a obra debe comezar tan pronto rematen.

A obra debe importunar o menos posíbel o comezo da seguinte tempada.

Hai fondos, din que teñen o proxecto e as actuais instalacións están en condicións lamentábeis. É preciso que comecen os trámites de licitación canto antes.
 

Ler novas
Novas
IMG_20231018_125907

O BNG esixe a execución inmediata da reforma do pavillón de Tarrio

O proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, leva paralizado desde a formalización do contrato en novembro de 2021.
As obras de reforma tiñan un prazo de execución de 4 meses, e deberían ter sido rematadas en marzo de 2022.
As entidades usuarias levan reclamando durante anos solución ás deficiencias que lles impiden competir en mínimas condicións de seguridade e que fan que acumulen sancións por parte das federacións.
Ler novas
Novas
A Garrocha

O BNG de Culleredo reclama a recuperación das instalacións da Garrocha

É precisa unha resolución correcta do expediente de liquidación para a recuperación e posta a disposición á veciñanza das instalación

As accións para recuperar a concesión iniciáronse no 2012, co BNG no Goberno Municipal, e até 2018 non se retomaron, outra vez por iniciativa do BNG.

O BNG recurrirá a non inclusión de todas as cantidades adebedadas na proposta de liquidación aprobada polo Goberno Municipal.

As instalacións, debidamente recuperadas e xestiondas, poden convertirse nun referente comarcal que revitalice e dinamice a área rural de Culleredo.

Ler novas