revision
Novas
O Concello de Culleredo é un cascarón baleiro

O BNG solicita a rectificación das bases dun proceso selectivo

A lei especifica as titulacións precisas para o acceso á Subescala Técnica da Escala de Administración Xeral.

O Concello de Culleredo abre a participación no proceso selectivo a persoas con titulacións que non están entre as admitidas polo Real Decreto Lexislativo 781/1986.

Unha norma de rango de Lei, como é o RDL 781/1986, non pode ser modificada por unha norma de rango inferior, como é a convocatoria dunha oposición.

É preciso iniciar a revisión de oficio do expediente e paralizar as actuacións do proceso selectivo, para evitar lesionar os intereses tanto das persoas interesadas no proceso como do propio Concello, que se pode ver inmerso en novos procedementos xudiciais.

Ler novas
Novas
2018 01 25 pleno rc

O BNG pide a revisión do contrato de Gabinete de Prensa

Despois de solicitar en repetidas ocasións información sobre o contrato, o que finalmente facilitou o Goberno Municipal ten data de xaneiro de 2018 e vixencia anual, non constando contrato anterior.

As facturas deste servizo viríanse sucedendo mensualmente durante un período superior a un ano, antes de que aparecera por arte de maxia ese contrato de inicios de 2018.
 
A lei prohíbe expresamente a contratación verbal ás Administracións Públicas, que suporía a omisión total e absoluta dos procedementos legalmente establecidos.
 
Ademais de vulnerar as normas de contratación pública poderíase estar a incurrir tamén en cesión ilegal de traballadores, vulnerando a lexislación laboral.
Ler novas
Novas
sector A Zapateira 2013

O BNG demanda a revisión do PXOM

As previsións de crecemento utilizadas na redacción do PXOM son totalmente desproporcionadas. Cifra en os 40.000 habitantes de Culleredo para 2025, cando na actualidade non chegamos aos 30.000.

Ler novas