Novas
O BNG demanda información sobre o ARI da Fonte da Balsa
09/xuño/2026
A Área de Rehabilitación Integral foi aprobada en setembro de 2023, de xeito unánime a iniciativa do BNG.
En setembro de 2025 aprobouse, tamén a iniciativa do BNG, unha partida de 200.000€ destinada aos traballos do ARI.
Transcorrido todo este tempo a veciñanza segue sen ver avances reais nas tan demandadas melloras no seu barrio.
O BNG quere saber cales foron os traballos feitos pola Administración dirixida polo Sr. Rioboo e en que punto se encontran na actualidade.