Apróbase a creación dunha ordenanza para o uso da lingua galega promovida polo BNG
O Concello de Culleredo elaborará a nova normativa municipal grazas ao voto unánime do pleno a favor da moción do BNG
O Concello de Culleredo elaborará a nova normativa municipal grazas ao voto unánime do pleno a favor da moción do BNG
O custo para as familias con alumnado no Conservatorio de Culleredo é claramente dos máis elevados do país.
A moción do BNG procura achegar os prezos a outros centros de similares características en Galiza, así como incluír diferentes bonificacións atendendo á situación das familias.
A Xunta de Galiza debe asumir as súas competencias en materia educativa para rematar con esta situación de desigualdade.
O servizo de subministración de auga potábel está a prestarse en precario dende 2015, logo dunha prórroga de un ano aprobada malia os reparos de Intervención e da Secretaría municipais.
O BNG solicita que se desconte dos recibos o canon que debería pagar a empresa concesionaria, segundo o estudo económico incluído no prego de contratación presentado en 2015.
Solicita tamén que se estuden descontos pola mala calidade na prestación do servizo, en función dos días no que este é deficiente, e que os recibos se pasen ao cobro unha vez rematado o prazo de recurso contra a taxa.
O novo texto incorre en incongruencias e falta de claridade en varios apartados, só sirve para botar unha cortina de fume sobre o nulo control do cumprimento da ordenanza actual.
Na súa elaboración prescindiuse da opinión dos Consellos de Participación Cidadá, que deberían ser os órganos onde se debatan este tipo de normas para que os veciños e veciñas fagan as súas achegas, resgatándoos da burocratización na que están sumidos polo Goberno Municipal.
Solicitamos as demandas recibidas pola Policía Local nos últimos 4 anos relacionadas co uso do espazo público por locais de hostelaría e que se lles dea aos asuntos que afectan a toda a veciñanza a publicidade que merecen.