O BNG leva ao Parlamento a defensa do Bacharelato na Universidade Laboral
O vindeiro martes 21 de xaneiro, o Deputado nacionalista Xosé Luis Rivas "Mini" presentará na Comisión do Parlamento unha Proposición Non de Lei esixindo á Xunta de Galiza o cese na súa proposta de eliminar os estudos de Bacharelato na Universidade Laboral.
A iniciativa inclúe propostas para crear un novo centro de Educación Secundaria na área rural de Culleredo e dotar o IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe das instalacións precisas e establecidas por Lei para dar cobertura ao alumnado actual e futuro.