escolas municipais
Novas

O Goberno Municipal modifica ilegalmente a Mesa de Contratación de Culleredo

A modificación foi feita para avaliar a presunción de temeridade da oferta que resultou finalmente adxudicataria da licitación das Escolas Municipais.

A composición da Mesa de Contratación foi modificada por resolución da Concelleira de Facenda, cando a competencia é do Pleno.

Calquera das empresas que non foron adxudicatarias podería recorrelo e meter nun problema económico (outro máis) ao Concello de Culleredo.

Tanto os servizos xurídicos, nos seus informes, como a oposición, advertiran xa das irregularidades.

Ler novas