Novas
A deixación de funcións de Rioboo dinamita os servizos de emerxencias municipais e pon en perigo á veciñanza de Culleredo.
12/dec./2025
- As persoas que compoñen a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Culleredo veñen de anunciar a paralización das súas actividades por falta de seguridade e medios.
- Culleredo padece unha continua degradación tanto de Protección Civil como do Servizo Municipal de Emerxencias, que apenas ten recursos e persoal.
- Perante situacións de emerxencia, como a vivida hoxe mesmo cun lume no Monte Costa, dependemos dos recursos dos concellos limítrofes.
- Esta degradación é consecuencia directa do abandono das súas funcións polo Alcalde, Sr. Rioboo, de quen dependen directamente estes servizos