REPARTO REIVINDICATIVO DE "PASTILLAS PARA A PACIENCIA"

O BNG de Culleredo reparte  'Pastillas para a paciencia' ante o retraso reiterado na apertura do novo Centro de Saúde

 

O mércores 15 de marzo de 2017, militantes e simpatizantos do Bloque Nacionalista Galego de Culleredo realizou un reparto simbólico de "Pastillas para a Paciencia" para denunciar o incumprimento reiterado de todos os prazos e promesas de apertura no Centro de Saúde do Portádego. Despois de anunciar a súa apertura en xaneiro de 2016, logo en setembro, logo en novembro... o último anuncio de apertura fora para a segunda quincena de febreiro de 2017, sen que nin sequer se recibiran as cartas informativas polas persoas afectadas.

Reivindicamos tamén a necesidade de reducir os cupos médicos mínimo a 1500 persoas por profesional, tal e como se comprometera a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, aumentando para iso o número de profesionais.

Foi unha boa oportunidade para coñecer a opinón dos veciños de Fonteculler, As Brañas e A Corveira sobre a situación deste centro que ven que leva pechado, sen servizo, pero completamente rematado desde fai case un ano.