FALAMOS DO SAHARA

O mércores 22 de febreiro de 2017 celebramos na Reitoral de Celas un coloquio para falar da situación dos campos de refuxiados no Sahara Occidental. Neste encontro falamos da experiencia dos organizadores da Foliada da Torre na súa visita aos campamentos e a súa participación no Festival Internacional de Cine FiSahara. 

Ademáis, contamos coa participación de membros de Sogaps: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que nos falaron da súa acción social e programas de apoio e solidariedade co pobo saharaui como o programa de acollida "Vacacións en Paz" que cada ano trae a Galiza centos de nenos para que podan desfrutar dun verán moito menos duro. Foi unha magnífica oportunidade para descubrir novas formas de colaborar con esta comunidade e coñecer en maior profundidade os froitos que a solidariedade galega está a dar no Sahara Occidental.

Agradecemos profundamente a labor e a colaboración de Soraya Rumbo Feal e os seus pais, Elena e Antonio, que foron quen de traer de volta a Celas un pedaciño da súa experiencia no Sahara. E tamén a Maite Isla e Hassanna Aalia, por abrirnos os ollos a moitas novas formas de colaborar cos campos de refuxiados.​

 

Sahara Celas (3)

Sahara Celas (4)

Sahara Celas (5)

Sahara Celas (7)

Sahara Celas (9)

CARTAZ SAHARA