PROXECCIÓN DO DOCUMENTARIO "FRANKENSTEIN 04155"

O pasado martes 8 de novembro de 2016 proxectamos a película "Frankenstein-04155", dirixida por Aitor Rei, e producida por Boneca Lareta coa colaboración da Plataforma Victimas del tren Alvia de Santiago de Compostela. O filme trata de dar resposta a moitos dos interrogantes sobre o accidente ferroviario de Angrois, o maior accidente ferroviario da democracia española, para o que contaremos tamén coa partipación de vítimas e supervivintes daquel tráxico suceso, así como a presencia de Ana Miranda. A voceira do BNG en Europa, falounos entre outras cousas de como foi o proceso para chegar ao informe da Axencia Ferroviaria Europea sobre o accidente e das trabas que puxo o estado español.

Nunha tarde na que se encheu a Sala de Video do Edificio de Servizos Múltiples no Burgo descubrimos moitas cuestións da investigación que tanto responsables políticos como os seus secuaces medios de comunicación oculta a opinión pública. Foi un acto ben emotivo e esclarecedor. Agradecemos a presenza de tódol@s participantes.

 

WhatsApp Image 2016-11-04 at 19.05.33

14976524_886981834766127_389061012826998949_o

15039520_886981351432842_4584825312650640775_o